25 outubro 2007

SARGADELOS - Peças do Nosso Encontro

Adão e Eva

Botellas Antropomórficas
do artista Isaac Díaz Pardo

VISITE-nos
(estas peças encontram-se na nossa Galeria)

15 outubro 2007

Exposição Deco-Arte "O CICLO"

pelo Atelier Pentágono d’Artes

É mais um exercício do Atelier Pentágono d’ Artes, pelas criações artísticas de Adriana Simão e de Marília Teixeira, desta vez tendo por primeiro tema os presépios, que uma vez por ano celebram a Natividade, e por segundo tema a Expiração na cruz, incessantemente exposta à devoção ou à admiração.

As obras são realizadas em técnica mista e arte tri-dimensional, utilizando reciclagem de materiais.

A exposição estará patente na ...também Galicia – galeria até 30 de Novembro de 2007

PORGAL

Nota breve:

A Real Academia Galega, no ano de 1963, instituiu o Dia das Letras Galegas. Todos os anos, dia 17 de Maio, é homenageada uma personalidade. Homens e Mulheres que se destacaram como artistas, criadores e intelectuais galegos

No ano de 1965, n’O Dia das Letras Galegas, foi homenageado:

EDUARDO PONDAL (1835-1917)

Cando os duros machados

Cando os duros machados
feren os altos pinos,
e caen com estrondo
no chan de Bergantiños,
non , non, en vano
cal xigantes erguidos,
sin groria e sin renome,
nos seus eidos bravíos:

mais ao caer, ceibando,
os ulidores piños
se espallan na devesa
polo mato nativo,
e da semente se erguen
descendentes altivos.

Así, cando caeran
aqueles destemidos,
de nobres ideales
os boos peitos enchidos,
non caeran en vano,
en oprobioso olvido,
coma o vulgo dos homes
na escuridade extintos.

Mais o chan empapando
do sangre escrarecido,
os campos de Suevia,
dos celtas nobre asilo,
non cederan á morte,
e deixaran altivos
perdurabre semente
de vingadores fillos.

Déspotas insensatos,
forxá, forxade grillos;
pode oprimir o ferro
un corpo enfraquecido;
mais as nobres ideas
e gloriosos instintos...
eses... non pode, non, o duro ferro
nin a morte extinguilos!

(Queixume dos pinos, 1886)

04 outubro 2007

PORGAL

Nota breve:

A Real Academia Galega, em 1963, instituiu O Dia das Letras Galegas. Todos os anos, no dia 17 de Maio, é homenageada uma personalidade. São Homens e Mulheres que se destacaram como artistas, criadores e intelectuais galegos.

A nossa galeria pretende divulgar textos publicados por várias fontes, no nosso blog, com a postagem de dois por mês. Serão de duas personalidades da cultura galega que foram já galardoadas com o prémio “O Dia das Letras Galegas”.

Como galeria de artes, também queremos homenagear todos aqueles que contribuíram e contribuem para cultura e língua galaico-portuguesa.

No ano de 1964, n’O Dia das Letras Galegas, foi homenageado:

ALFONSO DANIEL RODRÍGUEZ CASTELAO (1837-1885)

Dende a ría de Vigo às pampas arxentinas

A viaxe de Pedro pouco ten que contar. Embarcouse parvo de medo, cun desvaído sentimento de morriña que nin tan sequera desentonou do fondo da súa carne a natural tristura das despedidas. O barco desviábase da terra e Pedro seguía co corazón no peito, inconsciente, a mira-las gaivotas; depois enfiou os ollos no ronsel que quedaba no mar, e adormentouse debruzado na baranda de popa.
Para el a travesía non puido ser mellor. Husmaba na porta da cociña o intre feliz da galloufa, e ó sai-los caldeiros seguía detrás deles para toma-la dianteira. Na riola dos emigrantes sempre foi o prato de Pedro o que recibiu as primeiras culleradas, as máis graxentas.
Depois armado de caldereta, inda se colaba na ringleira dos polacos, a recolle-la extraña pistraca que lles daban.
O mar en calma, el a comer e durmir. Que máis se podía desexar? Pero na hora do desembarco espertou á realidade, e entón si que a tristura das despedidas lle esguizou as entrañas, porque neste punto secábase o teto e asomaban as orellas do lobo. Dende o barco escudrumou a barafunda de xente que bulía no peirao en espera dos emigrantes, e o medo de non topar a Manuel deixouno, sem forzas para baixar.
Nisto sentiu que o chamaban, e emborcóuselle o corazón na boca.

- Pedro López! Pedro López! Pedro López!
- Alá vou! Sou eu! Alá vou

Era un amigo de Manuel que recibira encargo de recollelo e de metelo no tren ó seguinte día.
O tren enguliu planuras e máis planuras para chegar ó seu destino, e Pedro deixábase levar coma un embrollo facturado. Despois aínda tivo que coller outro tren que fuxía polos campos, escorrentando ovellas. E cando caeu nos brazos de Manuel estaba máis morto ca vivo; pero faltaban moitas hora de coche.

Cearon, durmiron, e no abrente do día saen arreando polos camiños pampeiros.

A paisaxe non o ledo verdor das terras chas e abertas que Pedro alvistou dende o tren. O coche vai rolando , a tombos, por gándaras ermas e lombos areosos; baixa polas abas dun monte cuberto com herbas do demo, para caer en tremedais de xuncos; gabea por outeiros com alfarrobeiras e corre por chairas tiñosas. Xa decorreron moitas horas de andadura, a rolar por soedades, e no devalo do día, aparece un casal, alá no fondo, á beira dunha lagoa, espello morto de augas salitrosas.

- Aquela é a miña “pulpería” – di Manuel -, Aquí non hai pan fresco, nin auga doce, nin sacramentos para a alma; pero gáñase diñero.

(Os dous de sempre, 1934)