16 janeiro 2008

PORGAL


No ano de 1971, n’O Dia das Letras Galegas, foi homenageado:

GONÇALO LÓPEZ ABENTE (1878-1963)

Muxia

Brandamente deitada no medio da ribeira
e ollando cara o ceo, acouga silenciosa
a branca e melancónica e doce compañeira
dos outos penedás da brava costa nosa.

Tecelana de ensoños, fabrica na almohada
as randas milenarias dos albos areales
que treman, milagreiros, na mañán encalmada,
nos reflexos azús dos mariños cristales.

E nos días de inverno, cando a fera tormenta
desatada en furores enrabexada alenta,
envolta no mantelo de vaporosa bruma

satisfeita sorríe e soña adormecida
no leito mol e morno que a iauga remexida
ofrécelle con tombos e folerpas de escuma.

(Nemancos, 1929)

PORGAL

No ano de 1970, n’O Dia das Letras Galegas, foi homenageado:

MARCIAL VALLADARES NÚÑEZ (1821-1903)

Os dous ratos

Solitario n’un muiño cérto rato,
Fariña e grau comendo sin mandato,
Ordenou (pórque soio s’aburria)
Buscar entr’os parentes, compañia.
Ó monte saeu, pois moi caladiño
E outro rato atopou, tan flacuchiño,
Qu’entendeu o pasaba malamente.
E dí logo o d’o muiño: - “Parentólo,
Ja vés que gordo estou como un carólo!
Ti andas co-a barriga sempre lasa;
Eu vivo cal señor n’a sua casa,
Fago o que me dá gana, non traballo
E ti dórmes d’o monte entr’o gasgallo.
Vente comigo, juntos viviremos
E, juntos n’o meu muiño brincaremos”.
- “Falas bén, parentólo, lle contesta.
Iría, mais c’o jués non quéro festa“.
- “Anda, vente, o d’o muiño lle replica,
Qu’ali nadie á ajejarme se dedica”
Botan os dous á andar mio falangueiros
E, d’o muiño ó que tocan os lindeiros,
Dill’o gordo ó d’o monte – “Entra ti diante”
- “Non, non, ti qu’eres d’a casa habitante“
Entra o gordo n’a casa conocida;
Pró estaba o jués e péscam’o en seguida.
O d’afóra ós chilidos escapou
E dijo, ó qu’en seguro s’atopou:
- “Porreta! Vale mais flaco n’o mato,
Que gordo metido n’o c.... d’o gato
Po-l-a recoleución

(En Galicia Humorística, nº 10, (30-5-1888), p. 300)

08 janeiro 2008

EXPOSIÇÃO

na ...também Galicia - galeria, estará patente durante o mês de Fevereiro uma Exposição de Pintura e Cerâmica das artistas Adriana Simão e Marília Teixeira.

DICAS

MIGUEL TORGA
(1907-1995)

EXPOSIÇÃO comemorativa do Centenário do Nascimento.
Até 08 de Fevereiro08, largo do paço, na Biblioteca Pública de Braga - Universidade do Minho.

MORREU LUIZ PACHECO