16 janeiro 2008
PORGAL
No ano de 1971, n’O Dia das Letras Galegas, foi homenageado:
GONÇALO LÓPEZ ABENTE (1878-1963)
Muxia
Brandamente deitada no medio da ribeira
e ollando cara o ceo, acouga silenciosa
a branca e melancónica e doce compañeira
dos outos penedás da brava costa nosa.
Tecelana de ensoños, fabrica na almohada
as randas milenarias dos albos areales
que treman, milagreiros, na mañán encalmada,
nos reflexos azús dos mariños cristales.
E nos días de inverno, cando a fera tormenta
desatada en furores enrabexada alenta,
envolta no mantelo de vaporosa bruma
satisfeita sorríe e soña adormecida
no leito mol e morno que a iauga remexida
ofrécelle con tombos e folerpas de escuma.
(Nemancos, 1929)
Subscrever:
Enviar feedback (Atom)
Sem comentários:
Enviar um comentário